Nace “As Eduardas”, un club de lectura feminista

Nace o club de lectura feminista da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova co nome “As Eduardas”, en homenaxe á “Carta a Eduarda” e a Rosalía de Castro.

A iniciativa era presentada por Marta Gómez, responsable comarcal de Galiza Nova Pontevedra e Uxía Couto, responsable comarcal da Asemblea de Mulleres, que incidían en que “na actualidade do movemento feminista hai unha grande necesidade de formación, e por iso, dende Galiza Nova, como organización política que sempre tivo presente o feminismo como piar fundamental, queremos proporcionar este espazo de debate e formación en forma de libroforum”.  

Será un espazo aberto, explicaron, no que “poderán participar todas as mulleres e mozas que así o desexen, todos os puntos de vista serán benvidos”.

O club de lectura terá a súa primeira xuntanza o luns, 4 de febreiro, ás 17:30h na Casa da Luz, e nela “expoñeranse os obxectivos do club e decidirase o primeiro libro para ler”. A segunda xuntanza, será o día 22 de febreiro, e será a presentación oficial do club, que contará coa presenza da autora para o debate do libro e tamén estará a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.   

Posteriormente, as xuntanzas realizaranse cada dous meses en distintos locais da cidade de Pontevedra.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies