Pablo Casado quere derrogar a lei do aborto
O líder do Partido Popular amosouse partidario de derrogar a actual lei do aborto e volver á aprobada en 1985. Xustifica a súa decisión en que “non había necesidade de cambiar”.
Nunha entrevista concedida á axencia EFE o presidente do PP indicou que a lei actual, aprobada en 2010, “a cambiaría enteira” e volvería máis de trinta anos atrás para volver a poñer en vigor a lei do aborto de 1985.
Para xustificar a súa ofensiva contra as mulleres, Casado mezclou o aborto coas pensións para tratar de artellar unha especie de relato de que o número de abortos é o que vai facer desaparecer o sistema público de pensións ou, incluso, xustificar poida baixar a súa contía porque nacería menos xente para poder traballar e sufragar o sistema. “Tenemos que hacer un análisis de qué sociedad estamos construyendo y, sobre todo, que eso a la izquierda se le da muy mal, si queremos financiar las pensiones y la salud debemos pensar en cómo tener más niños y no en como los abortamos”, foi o seu razoamento.
Fuxida do fracaso
Casado tratou de fuxir das mobilizacións e situacións que propiciaron a retirada da reforma da lei do aborto de Alberto Ruíz Gallardon para afastarse da imaxe da derrota que as mulleres infrixiron ao goberno de Rajoy hai cinco anos que provocou a dimisión do ex ministro e tratou de distanciarse desa imaxe. “Iba más alla de volver a la de 1985” e “non es equiparable a lo que plantearía ahora el PP”, declarou para describir aquela derrota e xustificar o novo embate contra o dereito das mulleres a dispoñer do seu corpo.
Vuelve el milagro económico de Franco con Casado. Derogar la ley del aborto para que nazcan más obreros. Bajar el SMI para que cobren menos. Bajar los impuestos a los ricos. Y al haber más obreros que cobran poco los ricos los contratarán…. #OleTú #YoNoVoy pic.twitter.com/MNzfkFqwix
— José Zaragoza (@J_Zaragoza_) February 7, 2019
🗣️🙋♀️Dende a Marea Feminista dicímoslle ben alto a Pablo Casado: AS MULLERES DECIDIMOS!!!
😡NON imos permitir que derrogue a lei do aborto de 2010, como anunciou hoxe, para retroceder ata 1985. #AbortoLibre #AsMulleresDecidimos
O noso comunicado: https://t.co/lYBmPvoZjZ— EnMarea (@En_Marea) February 7, 2019
Culpar ás mulleres dos problemas demográficos é inxusto e indecente. Só o fai unha mente machista. Que se enteren Casado, Feijóo e todos os carcas da dereita extrema: somos libres para decidir sobre o noso corpo. Que vergoña ter que escoitar este tipo de barbaridades! pic.twitter.com/WlEzGDdz1P
— Ana Pontón (@anaponton) February 7, 2019