Abel Caballero vénse arriba e provoca o cachondeo nas redes sociais

O alcalde de Vigo dá unha rolda de prensa esperpéntica con motivo do anuncio do alumeado de nadal.

Abel Caballero anunciou a colocación das luces de nadal en Vigo xa no mes de setembro e para anuncialo convocou unha rolda de prensa. A intervención non ten desperdicio. “Vamos a poner nueve millones de lámparas LED. Va a haber 1.478 motivos de iluminación. Va a haber 1.000 arcos de iluminación. Va a haber bolas de 12 metros de diámetro. Vamos a iluminar 325 árboles. Vamos a decorar 13 fachadas. Vamos a iluminar de forma simbólica dos grandes árboles de 11 metros y 28 árboles de cuatro a cinco metros. Además vamos a poner un rótulo LED presidiendo la ciudad en el Ayuntamiento de 108 metros cuadrados”, indicou pero non contento con iso quixo internacionalizar a intervención indicando que a iluminación da cidade olívica estaba no mesmo nivel que Londres, Tokio e Nova Iorque e ninguneou a Madrid e Barcelona “ porque esas se nos quedan pequeñitas”

Caballero foise crecendo no discurso e acabou dicindo que ía falar co ministro Pedro Duque para, aproveitando que foi astronauta, preguntarlle “preguntaré que cómo serían las luces de Vigo desde arriba” en referencia á Estación Espacial Internacional.

 
Cachondeo nas redes sociais

Como era de esperar ante semellante discurso as redes sociais non defraudaron e comezaron as reaccións:

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies