Malestar no BNG pola presencia de Ana Pontón nun acto con Felipe VI

O Rei Felipe VI entregou este galardón da Voz de Galicia a Rebelo de Sousa, presidente da República Portuguesa, elixido polo xurado “por favorecer que as relacións transfronteirizas entre España e Portugal sexan na actualidade un modelo de cohesión e bo facer para a Unión Europea”.

O acto de entrega do premio reuniu no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre ás personalidades máis relevantes da política, a empresa, a cultura e a sociedade galega, entre quen se atopaban o presidente e editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o voceiro do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a voceira do BNG, Ana Pontón, e o do PP, Pedro Puy, a candidata do PP pola provincia da Coruña, Beatriz Mato, a deputada de En Marea por Podemos, Carmen Santos, o presidente de Inditex, Pablo Isla, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, a vicepresidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez, ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Entre as ausencias destacan a dos alcaldes das cidades da Coruña, Compostela e Ferrol e tampouco acudiu o voceiro de En Marea, Luís Villares.

Sectores do BNG están molestos pola nutrida representación da organización frontista no acto dun medio que lle foi hostil durante a súa etapa no goberno bipartito aínda que desculpan a presencia dos seus líderes polas boas relacións que manten a actual dirección co medio coruñés.

A páxina satírica Troleada Galega que publican membros do partido non perdeu oportunidade de soltarlle un zasca a Ana Pontón indicando que estaba de palmeira no acto fascista de Santiago Rey con Felipe VI.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies