Amigos da Terra presenta as súas propostas para xestionar eficazmente a auga en Vigo

En relación á problemática de abastecemento e almacenamento da auga na cidade de Vigo e contorna, Amigos da Terra ven de presentar ante as diferentes administracións implicadas (Concello, Xunta e Ministerio par a Transición Ecolóxica) unha serie de propostas de actuación.

Dende a asociación ecoloxista, consideran que ditas propostas “deberan aplicarse antes de expor outras medidas máis complexas, custosas e cun considerable impacto ambiental como transvasamento ou novos encoros”.

Entre as súas propostas atópanse “pasar do actual pago por tramos na tarifa ao pago por consumo real, aumentar a capacidade actual dos encoros, implementar un programa intensivo de renovación e control de perdas na rede de distribución, que o concello elimine os baldeos e as fontes ornamentais de ciclo aberto, levar a cabo medidas exemplares contra o cambio climático, revisar á alza o caudal do río Oitavén, etc”.  

Consideran que a aplicación destas medidas, que se poderían implementar de xeito inmediato, conseguiría un aumento na capacidade de auga embalsada e no uso eficiente da mesma, o que faría innecesaria a medio prazo a construción de novas infraestruturas, co aforro de custos económicos e ecolóxicos que implicaría.

Deixar unha resposta