Imaxe: CENX100

CENX100: vivencias de 100 centenarios galegos

A iniciativa da Asociación Sociocultural ASCM deu como resultado un libro coas experiencias vitais de 100 centenarios galegos.

A ASCM ven de entregar a centenarios de Sober e familiares exemplares do libro resultado do proxecto CENX100, do que son protagonistas. O libro recolle as vivencias de 100 centenarios galegos espallados por toda a comunidade. Os promotores da iniciativa aseguran que “son patrimonio activo da nosa comunidade e presentan realidades moi diversas: un señor de Sober, que ten máis de cen anos e toca o acordeón, un home, noutro concello, que quere seguir en activo e polas mañás escapaba para a que fora a súa vivenda, experiencias da Guerra civil… pero as historias son motivadoras, dan ganas de vivir pola positividade e optimismo que teñen moitos”.

A publicación conta con fotografías do artista Manuel Patinha, que traballou as imaxes en branco e negro para ilustrar as historias.

Segundo constataron ao longo do proxecto, pasados os cen anos, as mulleres son maioría, e por provincias, a de Lugo é a que conta con máis centenarios protagonistas na publicación.

A presentación do libro en Sober foi a quinta, despois de presentalo en Santiago, Ferrol, Noia e Tui pois quérese achegar a todos os participantes no proxecto, tendo previstas tamén presentacións en Viveiro ou O Carballiño.   

Nesta primeira edición, o libro non está á venta, entrégaselles aos protagonistas, pero os promotores aseguran que “a bo resposta da xente xa fai pensar nunha exposición itinerante co traballo de Manuel Patinha e unha segunda edición para o público en xeral”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies