Feroces críticas nas redes sociais pola xestión da piscina termal das Burgas

Diversas web especializadas recollen críticas encarnizadas contra a xestión da piscina termal das Burgas.

A web especializada en viaxes TripAdvisor recolle varias críticas sobre a xestión do recinto termal das Burgas. Nos comentarios que calquera internauta poide deixar figuran varios que son especialmente críticos co persoal que atende o recinto e coas condicións de acceso. A piscina termal é gratuita para todo o mundo sen embargo pódense atopar moitas queixas sobre a necesidade de que os usuarios da mesma teñan que levar un candado para poder facer uso das taquillas do recinto algo que, loxicamente, colle de sorpresa aos turistas que non soen viaxar cun candado na súa equipaxe de man. Tamén son especialmente intensas as críticas ao persoal que atende ao recinto no que se fai mención ás formas que utilizan para dirixirse aos usuarios da piscina. As cifras globais dos comentarios dos visitantes non son malas. A día de hoxe hai 98 comentarios en TripAdvisor, 4 cualifican a piscina como pésima, 0 como malo e 13 como normal sendo o resto, 81 en total, valoracións moi boas (39) ou excelentes (42). A puntuación medida neste portal web é de 4 sobre 5 o que lle otorgaría un notable ao recinto temar.

Similares son as críticas que aparecen en Google, primeira entrada en calquera búsqueda, que conta con 258 reseñan da piscina termal das que once lle dan unha soa estrela ao recinto (o máximo son cinco), outras sete soamente dúas estrelas e vinte tres estrelas sendo o resto boas críticas que lle dan ao recinto catro e cinco estrelas. A media do recinto nas reseñas é dun 4,3 sobre 5 nas reseñas de Google Maps polo que a valoración global dos turistas que visitan a cidade podería cualificarse de notable alto.

 
Críticas de Democracia Ourensana

O partido de Jácome criticou nas redes sociais e na prensa tradicional así como nas súas redes sociais a xestión da piscina termal. “Dos de las páginas más relevantes en este sentido son Google+ y TripAdvisor, redes de opinión donde la nota media dada por los usuarios a la piscina ternal das Burgas, acumula comentarios negativos de manera alarmante. Críticas con las instalaciones y normas, faltas de respeto e insultos al personal encargado de ellas, así es como los turistas relatan y descargan su frustración después de una mala experiencia.“, comentan dende a súa páxina en Facebook.

As duras críticas de DO continuaron con declaración como “Intentar vender Ourense como un destino turístico termal se está convirtiendo cada año en tarea más difícil, solo hay que ver el descenso de turistas en la ciudad este verano.” ao que engadiron que “Una promoción nefasta, unas instalaciones que siguen estancadas en sus orígenes y una dejadez máxima por el grupo de gobierno, hacen últimamente de Ourense un lugar para el turista donde cerrar el “candado” y tirar la llave de una mala experiencia.”

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies