Imaxe: Facebook Jon Sáez García

Consternación en Ourense tralo falecemento de Jon Sáez García.

O falecemento o luns de Jon Sáez García nun atropelo deixaba consternadas a familiares, amizades compañeiras de política e de activismo.

Aos 30 anos, Jon, de Esquerda Unida, falecía nun atropelo o luns ás 21:30 horas, en San Cibrao das Viñas, causando un fondo pesar en Ourense.

Jon fora candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Ourense, eleccións nas que era, aos seus 22 anos, o candidato máis novo. En 2012 presentouse de cuarto na candidatura de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ao Parlamento Galego.

Dende que se coñeceu a nova do seu pasamento, foron moitas as mostras de cariño que amizades e compañeiras de militancia publicaron nas redes sociais, así como formacións políticas como Esquerda Unida e En Marea, que a través de comunicados, trasladaron as súas condolencias e azos á familia.  

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2387660604790831&id=1727994870757411

https://twitter.com/Iolandadocampo/status/1103020729862447105

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies