Imaxe: https://enmarea.gal

Así son as listas que se disputarán a dirección de En Marea

Finalmente soamente son dúas listas que se disputarán os 35 postos do Consello das Mareas, órgano de dirección da formación rupturista.

Na última hora do venres presentábanse as dúas listas que finalmente concorrerán ás eleccións do Consello das Mareas, órgano de dirección de En Marea. O sector crítico foi capaz de vencer as diferencias que separaban as pretensións dos distintos partidos e finalmente presentaránse baixo unha mesma lista. Por outra banda, o sector oficial, presenta unha lista moi variada con presenza de persoas de numerosas mareas.

Coidando a casa

É a candidatura que encabezará Luís Villares e na que están presentes os deputados Paula Verao, Davide Rodríguez e Pancho Casal. Tamén está presente na lista a eurodeputada galega Lidia Senra ou o alcalde de Salceda, Marcos Besada. Ademais dos anteriores existe unha numerosa representación de persoas das mareas das cidades do cambio e de todo o conglomerados de candidaturas que apareceron nas municipais do ano 2015 nas vilas e concellos do país.

  1. Luís Villares (Deputado EM)
  2. Ana Seijas (Ames Novo)
  3. Pancho Casal (Deputado EM – Ex militante de Podemos)
  4. Paula Verao (Deputada EM + Agroma Sober)
  5. Davide Rodríguez (Deputado EM + Son de Manzaneda + Anova)
  6. Mariló Candedo (Marea Oleiros Movemento)
  7. Moncho Veras (Marea Atlántica)
  8. Elena Cores (Gañemos Vilanova + Podemos)
  9. Adrián Dios (Compostela Aberta)
  10. Peque González (Marea Pontevedra)
  11. Xabier P. Davila (Marea de Vigo)
  12. Mónica Díaz
  13. VíctorÁlvarez (LugoNovo)
  14. Teresa Burgo
  15. Xoán Losada (Rianxo en común)
  16. Ánxeles Faraldo (Ourense en Común)
  17. Xoán Hermida (Marea Pontevedra)
  18. Lidia Senra (Eurodeputada GUE/NGL)
  19. Marcos Besada (Movemento Salceda)
  20. Iris Malvido
 
Unha marea en común

É a candidatura do sector crítico que impulsaron Podemos, Anova e Esquerda Unida. Estará encabezada polo ex deputado no congreso David Bruzos e nela se poden ver os deputados de Podemos Marcos Cal e Julia Torregrosa. A lista foi negociada e repartíronse os postos entre as organizacións políticas. Podemos obten 8 postos na lista, Anova 4 e Esquerda Unida outros 4 deixando catro postos entres os vinte primeiros para persoas que non teñen adscrición partidaria coñecida ou son independentes.

Na lista figuran tamén membros da dirección de Podemos como Isabel, Faraldo, Marcos Cal, Julia Torregrosa (que acumulan cargos na dirección de Podemos ademais de ser deputados no parlamento galego), Borja San Ramón e Sigrid Campo.

Anova tamén fai o propio e inclúe na lista a membros da súa comisión permanente, órgano executivo da formación que copan os representantes da formación na lista: Gladys Afonso, Xiana Lopez, Iván Rodríguez ou Oriana Méndez.

A lista do sector crítico é, ademais, fundamentalmente urbana con escasos representantes das vilas de Galicia e con nula presencia do mundo rural nas súas filas.

  1. David Bruzos (Ourense en Común + Podemos)
  2. Oriana Méndez (Anova)
  3. Xan Xove (Marea Atlántica)
  4. Saínza Ruíz (Esquerda Unida)
  5. Iván Rodríguez (Anova)
  6. Isabel Faraldo (Podemos)
  7. Marcos Cal (Podemos)
  8. Sigrid Campo (Podemos)
  9. René Gambilla (Esquerda Unida)
  10. Gladys Afonso (Anova)
  11. André Seoane (Compostela Aberta)
  12. Julia Torregrosa (Podemos)
  13. Borja Sanramón (Podemos)
  14. Loreto Taibo (Esquerda Unida)
  15. Pedro Castro
  16. Ledicia Piñeiro (Ourense en Común + Esquerda Unida)
  17. Guillermo Crego (Esquerda Unida)
  18. Xiana López (Anova)
  19. Víctor Ferreiro (Podemos)
  20. Sara Outeiral (Nós Pobra + Podemos)

One thought on “Así son as listas que se disputarán a dirección de En Marea

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies