https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/36133/feijoo-salienta-que-oferta-emprego-publico-administracion-xeral-xunta-para-2018

Nova faltada de Feijoo ao persoal da información

Onte, na véspera dun novo “venres negro”, onde o persoal da CRTVG protesta contra a manipulación e o desmantelamento dos servizos informativos, durante unha rolda de prensa do Consello da Xunta, Feijoo era cuestionado por un reporteiro gráfico, ao que respostaba “eu so lle contesto a xornalistas”

O reporteiro gráfico prantexaba ao Presidente da Xunta “mañá esta convocado o venres negro nos medios públicos galegos, o 30 xa, ¿ten pensado tomar algunha medida ao respecto ou facer algún comentario?” ao que Feijoo lle respostaba “eu contestaballe con moito interese, o que pasa é que a miña obriga é contestarlle aos periodistas”.   

Non é a primeira vez que unha resposta do Presidente da Xunta xera polémica entre o persoal da prensa galega. O ano pasado, cando os xornalistas lle preguntaron en relación ás súas fotos con Marcial Dorado, Feijoo tamén lles espetara un “cando teñan un programa en La Sexta, entonces, igual lles contesto”.   

A resposta de Feijoo non pasou desapercibida nas redes sociais, onde persoal da propia CRTVG, xornalistas, políticos e público en xeral afearon o seu comportamento

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies