O STEG reclama una suba salarial que permita recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos
Recentemente rematou a negociación entre a Administración e varios sindicatos do ensino, na que dende o STEG aseguran non puideron participar ao serlle denegada a petición, onde se tratou a actualización do salario do persoal docente. Dende STEG non avalan o acordo ao que se chegou.
Nun comunicado, o sindicato manifesta o seu descontento asegurando que “non se podería comezar unha negociación sobre a suba dos nosos salarios sen recuperar antes o que xa era noso, o que nos foi roubado”, aludindo aos complementos específicos das pagas extras dende o ano 2013 ao 2016, reducións aplicadas so en Galicia. Afean tamén a existencia dun acordo de revisión periódica das retribucións do persoal docente, que “a Consellería deixou de aplicar unilateralmente coa excusa dos recortes”, enfatizando que, “para que a negociación fora xusta e honesta, deberan ter en conta o poder adquisitivo perdido neses cursos, un dato obxectivo e cuantificable”.
Denuncian que a suba salarial finalmente conseguida é insatisfactoria, pois supón un incremento de 20€/mes en 2019, incrementándose paulatinamente “de xeito pírrico ata 2021 e sen posibilidade de negociar melloras ata entón”. Tamén demandan “a recuperación do horario anterior aos recortes, o dereito a estar de baixa sen que desconten unha parte do soldo ou as axudas do fondo de acción social, que foron completamente baleiradas de contido, entre outras medidas”.
Sobre a '#subidasalarial' do profesorado🙄 …
Podedes ler o noso #STEGopina ao respecto, nun proceso con máis sombras ca luces. Cómpre sermos críticas e afondar nas cuestións para avanzarmos.
👉 https://t.co/eNFUJKFkbe 👈 pic.twitter.com/46r2gecjJu— stegsindicato (@stegsindicato) October 18, 2018