As carreiras do Correlingua pasarán por doce localidades galegas

O salón de actos da Deputación de Lugo acollía a presentación das marchas polo galego que se celebrarán entre o 2 e o 16 de maio e nas que participará alumnado de todos os niveis educativos.

Este ano será a 19 edición do Correlingua, unha actividade lúdica, educativa e reivindicativa organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, que ten como obxectivo reclamar o dereito da rapazada a vivir e a medrar en galego.

Baixo o lema “o galego é a fórmula”, este ano celebráronse como xa é costume os concursos de mellor manifesto, mellor vídeo e mellor banda deseñada que serven para que o alumnado de distintos niveis educativos reflexione sobre a situación do noso idioma e o seu uso nas etapas infantil e xuvenil.

Nas doce carreiras pola lingua que se celebrarán a principios do mes de maio en Cangas do Morrazo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ribadeo, Ponteareas, Lugo, Narón, A Estrada, Monforte de Lemos, Vigo, Ourense e Pontevedra, prevese a participación de milleiros de estudantes de Infantil, Primaria e Secundaria.

O calendario das marchas e os traballos premiados poden consultarse aqui:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies