Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral de CxG nun acto do día da patria // Imaxe: www.compromiso.gal

CxG rexeita o convite para as europeas de En Marea que esta dirixía a Compromís

En Marea convidou a compartir candidatura á formación valenciá Compromís e Compromiso por Galicia rexéitaa pensando que se dirixían a eles.

Durante a rolda de prensa que ofreceu En Marea o pasado 18 de outubro o seu voceiro, Luís Villares, falou das posibilidades da súa formación para concorrer ás elección europeas. Durante a súa intervención dixo que “consideramos a Compromís unha forza irmá, por exemplo, por citar soamente unha das moitas opcións que poderiamos atoparnos nun escenario de negociacións amplo”.

No video podemos escoitar o momento no que Luís Villares pronuniaba as palabras que levaron á confusión en Compromiso por Galicia:

A formación galeguista sentiuse interpelada e, nunha rolda de prensa ofrecida polo seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Campos, rexeitou o convite pensando que ía dirixido a eles e indicou que se vían na obriga de respostar ás declaracións de Luís Villares porque en Compromiso por Galicia “Somos unha formación seria”.

Cara as eleccións ao Parlamento europeo

En Marea comezará a definir o seu camiño europeo no plenario que se celebrará o próximo 27 de outubro en Compostela, nas palabras do seu voceiro buscan “un escenario de negociación amplo que permita compoñer unha candidatura gañadora de cambio político que faga que a xente viva mellor”.

Pola súa banda, Compromiso por Galicia, indicou que buscar repetir a candidatura estilo Galeusca na que estean presentes o Partido Nacionalista Basco e o PDeCat, formación sucesora de Converxencia Democrática de Catalunya.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies