O Sergas vai deteriorar aínda máis o servizo de pediatría

Creará unha nova escala facultativa que servirá tanto para a atención hospitalaria como para a atención primaria.

Desvestir un santo para vestir outro, nisto pódese resumir a política do Sergas e da Consellaría de Sanidade. Deste xeito declara a estinguir as categorías existentes de pediatría tanto nos especialistas hospitalarios como nos pediatras de atención primaria.

Deste xeito o Sergas empeorará a atención hospitalaria facendo que os especialistas que a atenden se teñan que ir desprazando por toda a área sanitaria para ir atendendo os distintos centros de saúde provocando un menor número de horas de atención tanto nos hospitais como nos propios centros de saúde e co inconvinte de que a persoa que vai atender os nenos e nenas, tanto nun lado coma no outro, non vai deixar de cambiar o que fai provocar inconvintes enormes no seguimento dos casos.

Lei de acompañamento dos orzamentos para o 2019

Toda esta actuación perpétrase na lei de acompañamento dos orzamentos para o ano que ven. Unha fórmula lexislativa que o Partido Popular soe utilizar para saltarse trámites normativos xa que deste xeito elimínase o debate parlamentario ao quedar diluído no que se dá na lei de orzamentos.

A disposición adicional primeira desta lei vai adicada na súa integridade a todo o persoal que conforma a atención pediátrica no noso país e nalá créase a categoría estatutaria de persoal facultativo especialista de pediatría de área.

Segundo establece a norma “A prestación de servizos desta categoría desenvolverase nos ámbitos funcionais de atención primaria e hospitalaria, dentro da demarcación territorial da correspondente área sanitaria” e lle asigna o que ata o de agora eran cousas separadas: “Corresponde ao persoal da categoría estatutaria de facultativo/a especialista de pediatría de área exercer as funcións inherentes ás competencias profesionais especificadas no programa de formación da especialidade, aprobado consonte a normativa regula dora das profesións sanitarias”.

Reaccións dos profesionais

As asociacións galegas que agrupan aos pediatras criticaron duramente a medida xa que entenden que representa un cambio que pode poñer en risco o modelo asistencial. Deste xeito o goberno de Feijoo muda totalmente o rumbo establecido onde cada neno debera ser atendido por un pediatra e se pasa a un onde cada neno terá un pediatra distinto cada vez que acuda á consulta.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies