Acto de En Marea en Ourense // Imaxe: http://enmarea.gal/

A Xunta Electoral de Ourense di que En Marea non é En Marea

Podemos e Esquerda Unida fixeron unha reclamación contra a formación confluente para apropiarse dos resultados electorais do ano 2016.

A Xunta Electoral Provincial de Ourense fixo un requerimento a En Marea para a presentación de avais porque aceptou unha reclamación de Podemos e Esquerda Unida indicando que os resultados da confluencia eran da súa propiedade.

En Marea presentou un recurso indicando que conformou unha coalición electoral de ámbito galego que, baixo a denominación En Marea, concorreu ás dúas últimas eleccións xerais e obtivo representación, tanto na de decembro de 2015 coma na de xuño de 2016, no Congreso dos Deputados e no Senado.

Segundo explican, a coalición rexistrada en 2015 mudou a súa forma xurídica a partido político, constituido en escritura de 2 de maio de 2016. Porén, ao non dispor aínda entón do rexistro no Ministerio do Interior, dado o imprevisto na convocatoria inmediata para xuño de 2016, a fórmula de coalición repitiuse nas xerais daquela data, pero xa incorporando como símbolo nome e símbolo da coalición o de En Marea. Ademais incorporouse o partido En Marea na denominación da candidatura no conxunto de siglas da coalición: Podemos-En Marea-Anova-Esquerda Unida conformando a segunda forza de aquela coalición. Ademais, nas eleccións autonómicas galegas, xa co rexistro obtido, participou xa o partido En Marea, cun resultado de 14 escanos que convertiron formación no oposición maioritaria na cámara galega.

Que di a lei?

O artigo 169 da Lei Orgánica do Réxime electoral xeral indica que “Os partidos, federacións ou coalicións que non obtiveran respresentación en ningunha das cámaras na anterior convocatoria de eleccións precisarán a sinatura de, polo menos, o 0,1% dos electores inscritos no censo electoral da circunscrición”. A lei parece clara xa que En Marea, ademais da coalición anterior ao partido instrumental, estaba conformada tamén polo propio partido. Unha representación que agora lle nega a Xunta Electoral Provincial de Ourense aceptando a reclamación de Podemos.

Reacción do partido confluente

En Marea anunciou que recorrera a decisión da Xunta Electoral de Ourense que, posiblemente, sexa a única xunta electoral que tome tal decisión. A formación xa indicou que a maniobra de Podemos non servirá de nada xa que confían na resolución ao seu favor do recurso e, ante calquera eventualidade, xa teñen as sinaturas necesarias para que a formación se poda presentar con normalidade ás eleccións do próximo 28 de abril

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies