Os PACs en pé de guerra peregrinarán ata Compostela

Realizarán unha peregrinación ata a capital do país para reivindicar as súas demandas.

Dende PACs en pé de GUERRA convocan unha mobilización que terá lugar o mércores 27 de marzo consistente nunha peregrinación ata Santiago de Compostela na que pretenden visibilizar as demandas dos PACs en Galicia e na que tratarán de reproducir as dificultades que, denuncian, lles pon o Sergas “no relativo á calidade asistencial dos nosos pacientes”.

A marcha tamén será aproveitada polo comité de folga para esixir unha nova xuntanza coa Consellería de Sanidade.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies