Concentración celebrada nunha das tendas de Oysho na Coruña // Imaxe: https://twitter.com/UGT_Galicia

Concentración contra os abusos laborais en Oysho

Denuncia o pésimo clima laboral en dous establementos do grupo Inditex na Coruña.

O comité de empresa, formado por UGT e CIG convocaban unha concentración o martes, 9 de outubro, diante dunha das tendas de Oysho, en Santiago de Compostela para denunciar o pésimo clima laboral, nomeadamente nesa tenda e noutra situada en Coruña, e que se continúen permitindo abusos por parte dos responsables e non se escoita ás traballadoras.

Dende o comité de empresa lamentan que tralas reiteradas queixas da plantilla, presentación de escritos, denuncias ante á dirección, etc. debidas ao abuso de poder continuado, o desprezo, as faltas de respecto e a pésima xestión por parte da encargada da tenda de Dr. Teixeiro e da equipa responsable de C.C. Marineda, o único que pretendeu facer a empresa é trasladar o problema ao resto das tendas. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies