Josep Borrell na OSCE Mediterranean Conference // Imaxe: https://www.flickr.com/photos/fotomaec/

O PSOE podería volver aplicar o 155 polas protestas dos CDR en Cataluña

O PSOE non descarta que o goberno de Pedro Sánchez volva a aplicar o artigo 155 da constitución española tras as declaracións de Quim Torra de recorrer “á vía eslovena”.

Esther Peña, voceira do comité electoral do PSOE, indicou nunha rolda de prensa que o executivo de Pedro Sánchez está a estudar aplicar novamente medidas contra Cataluña debido ao que describiu como “conculcación de dereitos” que segundo a súa opinión se terían producido coa complacencia do goberno catalán e o “desistimento de funcións” de Torra en referencia aos cortes de autopistas protagonizadas polos CDR en plena ponte festiva.

A voceira adiantou que nas próximas horas coñeceranse as medidas das que falou e que responderían aos actos de protesta dos CDR e ás declaración do presidente da Generalitar chamando á “vía eslovena” para lograr a independencia.  A voceira indicou que “mencionar esa vía é un erro, un absoluto disparate e unha temeridade que terá que explicar”.

Borrell acusa ao presidente da Generalitat de “chamar á unha insurrección”

O ministro de Asunto Exteriores do goberno español, criticou a intervención de Quim Torra no Consell per la República cando instou á cidadanía de Cataluña a seguir a vía eslovena cara a independencia e tamén criticou que Oriol Junqueras recorrera no pasado a chamar tamén á vía irlandesa que acabou “nunha guerra civil tremenda”, espetou Josep Borrell.

A fiscalía e o bloqueo das autopistas

A fiscalía anunciou que non emprenderá accións legais polo bloqueo que os CDR someteron a AP-7 durante máis de 15 horas xa que segundo explicaron fontes próximas a fiscalía non pode actuar se os feitos xa están en coñecemento dun xulgado e, neste caso, as actuacións teríanse que remitir ao xulgado de Tortosa.


Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies