Xornadas sobre renda básica na Coruña

As xornadas terán lugar no Centro Cívico dos Mallos (21 e 22 de marzo) e no Paraninfo da Universidade da Coruña (23 de marzo).

O Concello da Coruña e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizan as xornadas “Renda Básica: o novo dereito social necesario” coa colaboración do Colectivo Renda Básica da Coruña, Praza Pública e a Universidade da Coruña.

Estas xornadas constarán de distintas mesas redondas e obradoiros que analizarán as posibilidades de implantación dunha prestación incondicional á poboación. Estas análises vanse propor dende distintas perspectivas (social, laboral, feminista, ecolóxica…) de xeito que se poida abrir un debate social que sirva de pulo para avanzar nunha sociedade máis xusta.

Entre as participantes atópanse persoeiros recoñecidos neste ámbito, como Daniel Raventós, David Casassas, Nuria Alabao, Julen Bollain, Koldobi Velasco ou Florent Marcellesi.

A organización puxo en marcha unha páxina web na que informarse sobre a xornada e que é accesible dende  www.rendabasica.gal

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies