http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=3019

Tradicións orais, patrimonio inmaterial dos maiores que se están perdendo

O Consello da Cultura Galega vén de publicar pezas da cultura popular de tradición oral como cantigas, romances e lendas, rexistradas aos usuarios e usuarias de servizos sociais viveirenses no 1992.

O Consello da Cultura Galega vén de colgar na rede unha escolma de audios de “A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade”, un traballo realizado en 1992 en xeriátricos de Tui, Ourense, Santiago de Compostela e Viveiro.   

Este traballo realizouse baixo a tutela de Afonso Vázquez-Monxardín co obxectivo de documentar un mundo que se ía perdendo, “o dunha oralidade daquela inda separada da escritura e das tecnoloxías comunicativas”.

A escolma inclúe cantigas, romances, contos ou refráns transmitidos de xeración en xeración coa única ferramenta da palabra falada.  

As gravacións son parte dun libro con dous cedés publicado no 1998. Para Carme Lamela, que fixo a escolma entre horas e horas de gravacións, “o contido é unha xoia que non se publicitou o suficiente. Os fondos do Consello da Cultura Galega permiten desfrutar hoxe dese tesouro que gardan os noso maiores, o tesouro da cultura”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies