http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/mercado-de-nadal-2018

Agasallos de Nadal “made in Galicia”

Organizacións como a Mesa pola Normalización Lingüística aseguran que apoiar negocios cuxa produción se desenvolve en Galicia é un xeito de colaborar para que “eses cartos queden aquí e haxa emprego de calidade” e, se ademais se promove a lingua galega, os efectos serán “multiplicadores”.

O Mercado de Nadal de Compostela é un evento que permanecerá aberto ata a primeira semana de xaneiro e polo que pasarán arredor de 150 expositores que defende a importancia de “apostar polo noso nunhas datas coma estas (e sempre!)”.  

En relación ao impacto das pequenas accións individuais na economía, Xosé Manuel Blanco, produtor de mel ecolóxico, négase a vender a grande distribución, pois asegura que “cando lle compras ao cercano, ao pequeno apicultor, estás favorecendo que eses cartos queden aquí e que haxa emprego de calidade”.   

O prezo adoita ser a maior traba destas pequenas empresas á hora de chegar ao público, pois como relata Belén Diz, de Tramón Milenario, un proxecto que combina ilustración e bordado, “sempre ven alguén que di que iso mesmo o podería atopar máis barato noutra tenda, e seguramente sexa certo, pero haberá que ver en que condicións se produce. Hai que facer pedagoxía cara a clientela, explicar todo o trabalo que hai detrás, a procedencia dos materiais, a responsabilidade social coa que ese produto foi elaborado…”.

A maioría de emprendedores e emprendedoras coinciden ao aseverar que “cómpre facer ver que, ademais de comprar un produto singular e de calidade, estase xerando riqueza no lugar máis próximo e inmediato. O que facemos non o vas atopar en ningún outro sitio e iso tamén é parte do noso valor engadido. É o que nos diferenza como país e como cultura”. Ademais, defenden que “en galego se pode vender en calquera parte do mundo”. A Mesa pola Normalización Lingüística ten claro que “prestixiar o galego é prestixiarnos nós mesmos”, por iso queren que “chovan moreas de agasallos galegos e en galego, porque aquí en Galicia, tamén estamos facendo cousas, están pasando cousas!”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies