Casa consistorial do Concello de Portas // Imaxe: https://commons.wikimedia.org/wiki/User:Estevoaei

O BNG de Portas denuncia que o PP quere financiar a súa campaña electoral con cartos municipais

A través dun comunicado, o BNG de Portas (Pontevedra), denuncia que o Partido Popular compra candidato e ponlle un soldo municipal a sete meses das eleccións.

Denuncian que unha semana despois da presentación do candidato, nun acto arroupado por Alfonso Rueda, publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra o recoñecemento da dedicación exclusiva ao concelleiro do PP, Ricardo Martínez Chantada, candidato do PP a substituír na alcaldía a Víctor Estévez.

Aseguran que “con ese soldo de 35.500 euros/ano, un simple tenente de alcalde de Portas cobra máis que alcaldes de concellos limítrofes máis grandes e poboados como Barro, Cuntis ou Moraña, incumprindo ademais o programa electoral co que se presentaron ás eleccións de 2015, no que se comprometían explicitamente a non recibir retribución algunha pola dedicación ao concello. 

Afean dende o BNG que o PP “parasite as institucións, poñéndolle un soldo municipal ao seu candidato para que se dedique a preparar a tempo completo a campaña electoral, antepondo os intereses do partido aos da veciñanza”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies