Imaxe: https://www.lasexta.com

Chicote denuncia a pésima calidade da comida no Hospital do Barbanza

O chef Alberto Chicote, presentador do programa “¿Te lo vas a comer?” de La Sexta, fíxose eco das denuncias de doentes e familiares acerca da comida servida no Hospital do Barbanza, acudindo ao centro para coñecer a situación de primeira man, sen logralo de todo, xa que lle impediron entrar ás cociñas do Hospital.

Chicote marchou do Hospital sen conseguir ningunha explicación para as múltiples denuncias manifestadas por doentes, familiares e persoal do centro sobre a comida que a empresa Aramark serve nel.

Xa na entrada do Hospital do Barbanza, familiares de doentes lle aseguraban que lle levaban comida da casa, “senón, non comen” ou que “o pescado cheira a amoníaco”. A empresa adxudicataria, á que o Sergas paga 13,03 euros por paciente e día, non se pronunciou. O xerente do Hospital limitouse a explicar que “están á espera dun informe aclaratorio por parte da empresa”. 

Resposta do Hospital do Barbanza:

Trala emisión do programa, a través dun comunicado, o Hospital garante a calidade da comida que se serve e asegura que “diariamente realizan catas aleatorias para levar un rigoroso control da calidade dos alimentos”.

No mesmo comunicado afirman que “o pasado mes de xuño, cando foron recollidas as queixas dos doentes que se expuxeron no programa, xa se estaba facendo unha revisión para mellorar o servizo. No mes de xullo xa estaban arranxados os motivos das queixas, ao cambiar a xerencia os protocolos e a aplicación informática das dietas” e sobre a calidade dos produtos aseguran que “se trata de pescado e carne frescos, pan, verduras, leite, auga e víveres en xeral, obtidos a través de provedores locais”.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies