Referendo sobre a abolición da monarquía celebrado na USC // Imaxe: https://twitter.com/ReferendoU

Case 8000 persoas piden abolir a monarquía nos referendos convocados nas universidades galegas

Miles de persoas participaron nos referendos non vinculantes sobre o modelo de estado celebrados o dia 12 de decembro en varios campus das universidades galegas cun resultado abrumador a favor de abolir a monarquía e instaurar unha república.

Estudantes das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo veñen de dar a coñecer os datos do referendo non vinculante sobre a continuidade da monarquía no estado español dunha consulta, que tamén se realizou noutras 23 universidades públicas do estado, que constaba de dúas preguntas. A primeira “Se estás a favor de abolir a monarquía” e a segunda, no caso de que se respondera afirmativamente á cuestión anterior se “estás a favor da apertura de procesos constituíntes para decidir o modelo de república”.

O resultado nas universidades galegas foi abrumador a favor da abolución da monarquía. Na Universidade de Santiago de Santiago de Compostela (USC) votaron máis de 3500 persoas. Houbo 3305 a favor da abolición da monarquía e soamente 261 en contra.

Na universidade da Coruña (UDC) o resultado foi moi similar aínda que a participación foi menor que na USC. Participaron 2064 persoas das que votaron a favor de que desapareza a monarquía 1810. Un 87,69%

Na Universidade de Vigo emitíronse 1584 votos nos que 1435 persoas votaron en contra do réxime monárquico encarnado por Felipe VI máis do 90% dos votos que se rexistraron.

Os campus de Ourense e Ferrol tamén celebraron resultados. No campus ourensán, depedente da Universidade de Vigo, votaron 713 persoas das que 647 pronunciáronse a favor da supresión da monarquía, un 90,74% mentres que soamente 63 o facían a favor de continuara o actual sistema (un 8,84%). No campus de Ferrol, dependente da USC, a participación foi moito menor. Emitiron o seu voto 151 persoas cas que 127 persoas votaron a favor da abolición da monarquía (84,7%)

No resto do estado o resultado foi moi similar ao acadado nas universidades galegas. Aínda que o referendo non era vinculante e carece de validez oficial os estudantes participaron masivamente na consulta dando opinión sobre algo que nunca lle perguntaron e, con esta acción, agardan que se abra un debate que permita abordar un novo proceso constituínte que permita elixir a forma do estado. Deste xeito e a pesar de que a Lei de Protección de Datos lles prohibía ter un censo da universidade para controlar o dobre voto emprazaron ás institucións a realizar un referendo vinculante. “Las exigencias de control y de que todo sea asegurado se lo transmitimos a las instituciones, a ver si se deciden a hacer un referéndum vinculante”, comentaba Lucia Nistal nunha información publicada por elperiodico.com.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies