Imaxe: https://www.juliefowlis.com/

A cantante escocesa Julie Fowlis encandila ao mundo cantando Camariñas en galego

A canción metade en galego e metade en gaélico pode escoitarse no seu último traballo discográfico.

Julie Fowlis, a cantante escocesa, sorprendeu as galegas e galegos cunha versión da canción Camariñas, acompañada da gran orquestra da BBC. A canción que ten parte en galego e parte en gaélico é unha versión recollida para o seu último traballo de estudo “Alterum” editado no 2017.

Fowlis destaca dentro da súa terra por ser unha das interpretes de música de raíz máis afamada de Escocia, usando nas súas cancións o idioma gaélico. Porén moitos de nós tamén a coñecemos por ser unha das cantantes da banda sonora do afamado filme animado Brave, onde interpreta Touch The Sky e Into the open Air.

 A escocesa tería chegado a coñecer a canción que agora versiona grazas a un encontro musical en Escocia co cantante galega Rosa Cedrón quen lla tería ensinado e coa que xuntas terían cantando a mesma, facendoo a galega na parte gaélica e viceversa.

A redes sociais, como non, fixéronse eco da canción e foron moitas as persoas que compartiron a fermosa canción no seus perfís.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies