Facebook presenta unha tecnoloxía capaz de censurar memes

Chámase Rosetta e vai ser capaz de ler os textos dos memes para identificar os que son ofensivos.

A compañía de Mark Zuckenberg ven de nunciar que están a desenvolver unha tecnoloxía de recoñecemento visual capaz de identificar memes dos usuarios proceder a comprobar se incumpren as normas da famosa rede social.

A tecnoloxía baséase nun modelo de recoñecemento de caracteres que permite codificar e clasificar varias capas nas imaxes. O texto detectado é pasado por unha rede previamente adestrada para obter os textos e proceder a clasificalos para ver se van a ser obxecto de censura. Todo o proceso é explicado nun artigo que publicou Facebook na súa web.

 

Control e censua nas redes sociais

Xa no pasado houbo moitas polémicas pola análise automática de imaxes que remataron censuradas. Foron famosos os casos da censura dunha foto da Venus de Willendorf, unha escultura paleolítica de 30.000 anos de antigüidade, da famosa sirena de Copenhagen ou numerosas fotos de usuarias dándolle de mamas os seus fillos.

Os filtros automáticos estanlle a custar moitos quebradeiros de cabeza a Facebook que tamén foi acusado de obscurantista no contido que permite na súa rede. Para saír ao paso destas críticas, o xigante americano, decidiu facer públicas as súas regras de contido non permitido en Facebook a mediados deste ano.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies