José Manuel Villegas

Ciudadanos aposta en Galicia por primar o castelán na administración pública

José Manuel Villegas afirmou a importancia de promover o idioma estatal en detrimento do galego na nosa comunidade.

O actual secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, que pasou por Galicia esta pasada semana, non deixou indiferente a nadie, e tras recoñecer a súa simpatía co histórico alcalde socialista da Coruña Paco Vázquez quixo facer referencia tamén ao seu ver o “problema lingüístico” na comunidade galega.

Tras facer un paralelismo entre catalán e galego, e afirmar que o castelán está a desaparecer en ambas rexións, o secretario xeral de Ciudadanos avogou por defender a presencia do castelán na administración pública, posto que é o idioma protexido pola Constitución, mentres insistiu que o coñecemento do galego non debe ser relevante para a consecución dunha praza pública en Galicia.

Non é a primeira vez que desde Ciudadanos se cuestiona a “imposición do galego” en Galicia, posto que, non hai moitos días era o deputado no Congreso Toni Cantó quen aseguraba que o castelán fora erradicado de Galicia, e a necesidade de revertir esa situación.

Como é habitual, as palabras de Villegas causaron diferentes sensacións nas redes sociais, e foron varios quen decidiron facer mención a elas como o actual alcalde de Lalín, Rafael Cuíña.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies