Os sindicatos acusan ao conselleiro de Medio Rural de mentir sobre a temporalidade do SPDCIF
Nun comunicado de prensa os principais sindicatos da Xunta, CIG, CCOO, CSIF e UXT acusan ao Consellerio de Medio Rural de “mentir sen pudor” no Parlamento de Galicia afirmando que está a rematar coa temporalidade no servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo comunican os sindicatos, dun colectivo de 1.939 traballadores arredor de 1.200, máis do 65% da plantilla, é persoal temporal en fraude de lei. Así mesmo denuncian que non é certo que se vaian a incrementar en 600 postos o persoal do servizo publico de extición de incencios como se anunciou dende a consellería, senón que simplemente se trasladan á Xunta os postos de traballo que en anos anteriores se contrataban á empresa publica SEAGA. “O incremento de efectivos é igual a cero” afiman as organización sindicais. Alegan a maiores que a Xunta segue sen apostar pola prevención “xa que a practica totalidade do presuposto do servizo se gasta na extinción, máis de 100 millons de euros anuais”
Para rematar, os sindicatos reclaman que o conselleiro os reciba para constituir unha mesa de dialogo amosando ademáis, a sua intención de manter xuntanzas cos distintos membros parlamentarios que constituen o grupo de expertos que se encargará de revisar o servizo de de prevención e extinción de incendios de Galicia, esixindo “solucións urxentes cunha planificación críble que racionalice o servizo e remate coa precariedade laboral histórica dos efectivos que forman parte do SPDCIF.”
@UGT_Galicia @galizaCIG @ccoogalicia @CCOO @CSIFnacional @CigAxentes @lavozdegalicia @Gconfidencial @TVGalicia pic.twitter.com/VDg69xST2V
— Bombeiros Forestais (@SPDCIF) November 5, 2018
O consellerio de Medio Rural minte no Parlamento de galiza afirmando que esta a rematar coa temporalidade no servizo de incendios forestais https://t.co/4uk0DRxH2z
— CIG-Autónomica (@CIGAutonomica) November 5, 2018
CCOO, CIG, CSI-F e UGT acusan o novo conselleiro do Medio Rural de «mentir sen pudor» no Parlamento: CCOO, CIG, CSI-F e UGT acusan o novo conselleiro do Medio Rural de «mentir sen pudor» no Parlamento. O titular da carteira, José González Vázquez,… https://t.co/RRlcbgJ0Rd
— galiza (@galiza) November 6, 2018