Imaxe: Instagram En Marea

Case tanta xente en Galicia defendendo a Sanidade como en Madrid defendendo a indivisibilidade de España

Miles de persoas clamaron en Santiago contra os recortes e a privatización e pola dignidade da sanidade pública galega.

A manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, arrancaba trala pancarta co lema “Sanidade Pública en perigo”, apoiada por miles de persoas entre as que se atopaban unha quincena de colectivos e plataformas galegas, profesionais do sector, sindicatos, os líderes dos partidos da oposición….

Durante a mobilización, foron recorrentes as alusións á presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na protesta de Madrid, “convocada contra o goberno de Sánchez, en lugar de atender as demandas da sanidade galega”.

Como explicaron dende a Plataforma SOS Sanidade Pública, “ a manifestación enmárcase nun contexto de conflitividade na sanidade galega, marcado pola folga de traballadores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a dimisión dos Xefes de Servizo de Atención Primaria da área de Vigo ou as protestas do sector das ambulancias”.

O voceiro da Plataforma, Manuel Martín, asegurou que “toda a cidadanía e os traballadores sanitarios están absolutamente en rebelión porque é inadmisible que un bo sistema como o de fai anos sexa desmantelado polo afán de Feijoo de dar unha oportunidade ás multinacionais privadas que están desembarcando en Galicia”.

Co berro “co lío que hai aquí e Feijoo está en Madrid”, os manifestantes criticaron a presenza de Feijoo na protesta de Colón en Madrid, contra a que arremeteron duramente os líderes dos partidos da oposición.

Villares, voceiro de En Marea afeoulle que “mentres Feijoo se pasea nunha marcha convocada por falanxistas en Madrid, unha marea humana de xente manifestase en defensa da sanidade pública, mellores servizos públicos, mellor atención, non máis recortes, recursos suficientes en atención primaria e en hospitais”.  

Gonzalo Caballero, polo PSdeG incidía en que “o problema é o retroceso nas políticas sanitarias de Feijoo e o PP. O presidente debería estar gobernando Galicia en vez de poñerse á disposición de Casado e o seu pacto coa ultradereita”.   

Ana pontón, polo BNG tamén criticou a Feijoo e ao Conselleiro de Sanidade, de quen pediu a dimisión. “Feijoo ten moi claro ónde quería estar hoxe, en Madrid, con ese trifachito de PP, Ciudadanos e Vox, abrazando un discurso de extrema dereita, en contra dos intereses de Galicia”, destacou.   

One thought on “Case tanta xente en Galicia defendendo a Sanidade como en Madrid defendendo a indivisibilidade de España

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies