O ex bispo de Ourense que permitirá que Franco estea na Almudena

O arcebispo de Madrid non ve inconvinte que Franco sexa soterrado na Almudena.

Carlos Osoro que no pasado foi o bispo de Ourense ven de ofrecer declaracións durante a inauguración dunha xornada en Madrid e indicou que Franco “como cualquier cristiano tiene derecho a poder enterrarse donde crea conveniente”.

O arcebispo tratou de botar balóns fóra indicando que non tivera contacto nin co goberno do estado nin coa familia franco e que non sabe “absolutamente nada” da inminencia do traslado indicando que é unha cuestión que ten que resolver o goberno coa familia do dictador.

Osoro indicou que “no puede oponerme a algo que tienen otras familias” e apostillou que a Igrexa non ten inconvinte en acoller a ninguén. “La Iglesia acoge a todas las personas”, dixo “incluso a gente que no era creyente”.

Cristianos de base en contra do nacionalcatolicismo

Cristianos de base amosáronse en contra do acollemento do dictador nun espazo sagrado. “Lo que nos sorprende, como cristianos, es que el sitio que se está proponiendo sea un lugar de culto cristiano como la catedral de La Almudena de Madrid. ¿Es que la jerarquía católica de nuestro país es menos sensible que los representantes políticos acerca de lo que tiene ese tipo de enterramiento-santuario de factor de división en la sociedad? ¿Va a convertirse la catedral de todos los católicos madrileños en un lugar donde se celebre la victoria y la represión de unos españoles sobre otros?”, incidiron nun comunicado.

O comunicado remata con palabras moi duras cara a xerarquía eclesiástica: “manifestar públicamente nuestra repulsa por esa decisión, que vendría a denigrar aún más a una Iglesia que asignó en su día el título de Cruzada a la guerra y la represión que generó el golpe militar fascista. Con los numerosos casos de pedofilia y las inmatriculaciones ya hay bastante porquería en las cloacas de la Iglesia. No echemos más aún”

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies