Coidando a casa gaña as eleccións internas de En Marea

A candidatura Coidando a casa, encabezada por Luís Villares, impúxose co 59,24% dos votos fronte á de Entre Todas, encabezada por David Bruzos, que obtivo o 40,76%

O proceso interno para renovar o Consello das Mareas e a Comisión de Garantías remata, a falta de proclamar os resultados definitivos, que se coñecerán o vindeiro mércores, día 26 de decembro, coa vitoria da candidatura encabezada por Luís Villares, con 1596 votos, fronte aos 1098 sufraxios de Entre Todas, candidatura que aglutinou ao “sector crítico” da formación, apoiada por Podemos, Esquerda Unida, boa parte de Anova e mareas municipalistas como Compostela Aberta, Marea Atlántica ou Ferrol en Común.

Tras unha fin de semana de votacións onde ambas candidaturas recoñeceron que non se produciron incidencias importantes, a votación remataba dándolle a vitoria á candidatura Coidando a casa.

É destacable a alta participación que se deu neste proceso interno, a pesares de ter que adiar as votacións para garantir a limpeza do proceso tras demostrarse irregularidades no mesmo, como detectou a Comisión de Ética e Garantías, superando o 60% do censo, o que supón que participaron 2694 persoas, das 4500 inscritas con dereito a voto.  

Cando se proclamen os resultados definitivos, o seguinte paso será constituír o Consello das Mareas, estando previsto que suceda o 29 de decembro e quedando, ata que se constitúa o novo, os integrantes do mesmo ate agora en funcións.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies