Imaxe: Twitter Abel Caballero

Caballero e Lores, únicos alcaldes das grandes cidades aos que se lle da o aprobado

Entre os rexedores das sete grandes cidades galegas, so aprobarían Abel Caballero (PSdeG) e Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), segundo unha enquisa realizada polo Instituto Sondaxe.

Caballero obtivo unha puntuación dun 7,25 e Lores dun 6,25. Os outros rexedores suspenden: na Coruña,  Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) cun 4,79, en Ourense, Jesús Vázquez (PP) cun 4,7, en Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta) cun 4,57, en Lugo, Lara Méndez (PSOE) cun 3,69 e en Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), cun 3,69, é o peor valorado.  

Entre os candidatos da oposición, a enquisa dálle en Lugo a Rubén Arroxo (BNG) un 5,22, e en Santiago, ao socialista Xosé Sánchez Bugallo un 5,17.   

É de destacar a puntuación que reciben en Ferrol tres dos candidatos, pois superan á do alcalde: José Manuel Rei (PP) cun 4,57, Anxo Mato (PSdeG) cun 4,4 e Iván Rivas (BnG) cun 4,3.

En canto aos gobernos municipais, tamén so os de Vigo e Pontevedra obteñen aprobados. Despois destes sitúase o goberno municipal de Ourense, cun 4,61, onde a oposición é a mellor valorada cun 4,14. O goberno de Santiago acadou un 4,51, o da Coruña un 4,43, o de Lugo un 4,06 e o de Ferrol cun 3,27.     

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies