Imaxe: https://esquerdaunida.org/

Yolanda Díaz presentaríase por Madrid para asegurar o seu posto

Yolanda Díaz buscaría acomodo en Madrid ante a baixada das expectativas electorais de Podemos e a súa teima de romper En Marea.

A estrondosa baixada das expectativas electorais de Podemos unida á teima de romper o espazo de confluencia, aboca a Yolanda Díaz a non arriscarse a volver presentarse pola Coruña e busca acomodo en Madrid, o que está a causar problemas tanto en Esquerda Unida como en Podemos.

Alberto Garzón verase obrigado a prescindir de colaboradores na capital para abrirlle sitio nos postos de Izquierda Unida o que molesta nas filas da formación ao considerar que é unha persoa de Pablo Iglesias polo que o oco deberallo facer Podemos.

Na formación morada tampouco o teñen moi claro e o desembarco de Yolanda Diaz podería provocar a enesima crise de Podemos en Madrid.

Por Coruña, presentaríase encabezando a lista Antón Gómez-Reino, o secretario xeral de Podemos Galicia.    

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies