Militantes de Podemos Galicia reclaman á cúpula do partido non romper con En Marea
Nun manifesto un grupo de militantes de Podemos Galicia reclaman á cúpula do partido non romper con En Marea.
Nun manifesto difundido nas redes internas da formación un grupo de militantes aseguran sentirse “desconcertados e alarmados ante os feitos que están a suceder nos procesos de negociación abertos entre as forzas de esquerda que conforman En Marea”.
Nese mesmo escrito reclaman que se consulte á militancia (algo que xa lle suxerira Luís Villares aos dirixentes dos tres partidos da coalición que conforman En Marea no Congreso) á hora de tomar decisións como as que se están plantexando agora mesmo no seo da formación rupturista.
Así despois de facer un percorrido por varias decisións estratéxicas tomadas unilateralmente pola dirección do partido morado en Galicia sen consultar coas súas bases, aseguran no comunicado que se desmarcarán de calquera futura resolución non consultada coa militancia, explicitando que “si non se conta con nós para tomar as decisións, non imos ser responsables das consecuencias: ¡Non co meu voto!”, Para rematar cunha apelación a responsabilidade para “seguir sendo a alternativa de esquerda en Galicia”.
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10217314683086309&id=1449829745