Acusan á Xunta de terxiversar datos sobre violencia machista

Traballadores do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro acusan á Xunta de terxiversar os datos oficiais sobre violencia machista.

Mentres o goberno galego negaba atrasos nos litixios sobre violencia machista, os traballadores do xulgado de violencia sobre a muller de Viveiro aseguraban que os pleitos penais pendentes “aumentaron un 72,2%”, instando a comprobalo comparando os datos do derradeiro trimestre de 2017 e o peche do ano 2018, polo que acusan á consellería de “negación da evidencia e terxiversación dos datos oficiais”.

Os traballadores afirman que o Xulgado de Violencia sobre a Muller foi “excluído expresamente pola Xunta da primeira fase do plan de actuación para a recuperación do traballo atrasado trala folga da Xustiza” e que na segunda fase do programa “a dotación total foi de 20 horas, claramente insignificantes para recuperar tres meses e medio de paro”.

Dita situación, xunto cos máis de 3.000 asuntos civís por resolver, levan ao persoal a concluir “velaí a importancia do cumprimento da totalidade do plan de actuación que impulsou e asinou a propia Xunta de Galicia e que, polo de agora, quedou en papel mollado no que a Viveiro se refire”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies