O incendio de Dodro supera xa as 200 hectáreas

O incendio, que comezou en Dodro obrigou a cortar un tramo da AC-305 e supera xa as 200 hectáreas.

O intenso vento complicou as tarefas de extinción do incendio forestal que comezaba sobre as dez da noite na zona de Bexo e Paradegau, no municipio coruñés de Dodro. Segundo os últimos datos facilitados por Medio Rural, estimase que nese incendio xa se queimaron máis de 200 hectáreas.

Ata o lugar do incendio desprazáronse bombeiros e integrantes do distrito forestal, Garda Civil, Protección Civil e integrantes da Policía Local, e no lugar están traballando 7 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e unha pa. Investíganse as causas do incendio.

Cara as tres da madrugada quedaba aberto ao tráfico de novo a estrada AC-305, cortada varias horas por mor deste lume.

Outros incendios

O incendio que afecta aos municipios de Dodro e Rianxo é o máis importante por número de hectáreas queimadas, pero hai outros lumes activos en Galicia.

Na parroquia de Argalo (Noia), hai un incendio que segundo as primeiras estimacións provisionais de Medio Rural xa queimou máis de 20 hectáreas, ao igual que o da parroquia de O Freixo (As Pontes), e o da parroquia de Tállara (Lousame), onde xa arderon 40 hectáreas por un lume que se inicio en tres focos distintos.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies