Concentración de CIG-Ensino // Imaxe: https://www.facebook.com/CIGEnsino/

A CIG presenta una batería de propostas para mellorar os permisos do persoal da Xunta de Galiza

No marco da negociación das modificacións da Lei de Emprego Público de Galicia, o sindicato ven de presentar diferentes alegacións, que serán negociadas coa Dirección Xeral de Función Pública.

A Lei 2/2015 recolle no seu articulado tódolos permisos, licenzas ou reducións de xornada que pode ter o persoal ao servizo da administración galega. A Xunta presentou na reunión do pasado 17 de outubro a iniciativa de aumentar a 22 semanas o permiso por maternidade, o que para a CIG é “un paso adiante”, mais propón “ir máis alá, tanto na duración deste permiso como na mellora dos permisos existentes”. 

Entre as propostas presentadas pola CIG como alegacións ao texto da Xunta, para reforzar e facer máis favorables para o profesorado e todo o persoal ao servizo da Xunta os permisos relacionados coa conciliación familiar, atópanse “a ampliación dos permisos de parto e da outra persoa proxenitora, así como a posibilidade para esta última de flexibilizar o seu desfrute e de poder amplialo en caso de hospitalización do nenonato; o cómputo de tódolos permisos en días hábiles e o seu inicio en día non feriado; o recoñecemento dos coidados domiciliarios de familiares a cargo como deber inexcusable; a ampliación dos permisos para asuntos persoais e da idade das crianzas como requisito para acollerse a distinto tipo de medidas de conciliación laboral e familiar”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies