Jorge Suárez e Yolanda Díaz nunha comparecencia // Imaxe: http://congreso.enmarea.gal

O alcalde de Ferrol contradí a Esquerda Unida e defende a venda de armas a Arabia

“Somos Ferrol, non a ONU”, zanxou Jorge Suárez, alcalde de Ferrol.

Jorge Suárez, o alcalde de Ferrol, reclamaba dese xeito, na mesma data que os estaleiros Navantia construísen as cinco corvetas comprometidas co goberno de Arabia Saudí, a pesares das críticas dalgúns sectores que cuestionan ese contrato militar cun país acusado de non respectar os dereitos humanos. 

Asegurou o rexedor que o Concello “estará sempre ao lado dos traballadores”, recoñecendo que non teñen nin competencia nin autoridade para resolver eses conflitos, á vez que criticaba o feito de que “hai moita falsa democracia a nivel internacional ao considerar que se producen violacións a diario e a comunidade internacional non é tan rápida en condenar”, en alusión aos ataques que lanza regularmente o presidente dos Estados Unidos contra a liberdade de prensa. 

Con estas declaracións contradí a postura e a votación do seu grupo político no Congreso xa que tanto Esquerda Unida como Podemos criticaron con contundencia a PSOE e PP precisamente por defender o mesmo que agora di o alcalde de Ferrol.

Reaccións nas redes sociais

As redes sociais están que arden con asunto da venda de armas a Arabia Saudí onde defensores e detractores dunha e outra postura amosan os seus argumentos e critican a hipocrisía dos partidos que defenden a prohibición da venda de armas á dictadura islámica muden de postura en función dos seus intereses locais.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies