Imaxe: https://www.facebook.com/adenco

O grupo ecoloxista Adenco organiza unhas xeiras micolóxicas no Condado

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano a súa vixésimo novena edición, realizándose de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo no ano 1990.

As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas á sociedade, dirixidas a nenos e adultos, co propósito de descubrir o reino dos fungos, que aínda hoxe esconde segredos destacables.

O Grupo Ecoloxista Adenco desenvolve, como vén sendo habitual, no último fin de semana de outubro, varias actividades no Concello de Mondariz Balneario, epicentro histórico no mundo da micoloxía no sur de Galicia. Así, as persoas interesadas, poderán participar nun roteiro micolóxico guiado polos montes do concello, asistir a unha conferencia sobre o mundo das cantarelas e ver e aprender cunha exposición de cogomelos durante os próximos 27 e 28 de outubro.

As actividades son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de apuntarse previamente.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies