Imaxe: https://twitter.com/Rafiklalin

O zasca de Rafa Cuíña á Voz de Galicia

A Voz de Galicia publicou un artigo cargando contra Gabriel Rufián e a resposta que deu o alcalde de Lalín foi demoledora.

O artigo dicía textualmente que “Es dificil sospechar la ideología que subyace en el discurso furianesco más cercano a los vedeviles del franquismo que a una dialéctica moderna de la sociedad contemporánea…”

E comezaba dicindo “Marx denunció en su momento el leninismo como una grave enfermedad infantil del socialismo”.

Rafa Cuíña despachouse a gusto dicindo que “Se Marx morreu en 1883 e Lenin naceu en 1870, xa lle daba caña aos 13 anos?? Carallo…” asestando un duro zasca á cabeceira coruñesa.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies