Imaxe: https://twitter.com/EstrelaFg

Derrotas do Auriense na súa visita a Santiago de Compostela

Balance negativo nos encontros disputados na tarde do domingo para os equipos do Auriense FG, con dúas derrotas ante o Estrela Vermella.

No primeiro partido da tarde, o equipo masculino non estivo afinado, e viuse sobrepasado en todo momento polo equipo local. Cun primeiro tempo igualado aínda que xa con vantaxe no marcador para o Estrela, o segundo tempo acabou por romper o encontro gracias o acerto nas contras e o baixón físico nas filas ourensáns, que desta vez non estiveron acertados e non conseguiron marcar ningún tanto. Unha derrota dura contra un dos favoritos a levarse o título ligueiro.

En canto ao cadro feminino, que chegou con numerosas baixas ao encontro, competiu e mantivo un encontro máis igualado, aínda que foi Estrela Vermella quen dende o primeiro minuto, e con moito acerto cara a portería ourensá, quen impuxo o ritmo e mantivo as distancias no marcador. Unha derrota no primeiro partido de liga, pero que serve para tomarlle a medida á competición, agardando recuperar xogadoras para os vindeiros choques.

A fin de semana que vén descansan ambos equipos, e retoman a competición na casa, contra Turonia de Gondomar, o domingo 18 de Novembro.

Resultados

Masculino
Estrela Vermella 4-12(24) – Auriense 0-07(7)

Feminino
Estrela Vermella 3-27(36) – Auriense 6-08(26)

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies