Sabela a concursante máis votada na semifinal de Operación Triunfo tras defender unha canción en galego

A cantante coroouse cun poema de Rosalía de Castro versionado por Rosa Cedrón e Cristina Pato

Sabela Ramil, das Pontes, pasou de estar en dúbida na gala 0, a ser a semifinalista máis votada polo público na gala 12, gala na que se decidían os dous últimos artistas que accedían á final do reality show.

A aposta polo idioma da triunfita parece xogar ó seu favor. Con esta serían dúas as veces que Sabela tería cantado en galego, en ambos casos por elección persoal. Coa primeira actuación, Benditas Feridas, tamén de Rosa Cedrón, conseguiu librarse cun 78’8% dos votos de ser a primeira expulsada. A diferenza na porcentaxe de votos máis grande en todo o que vai de concurso. Coa segunda, Negro Caravel, acadou o 43% dos apoios, o que lle permite acceder á final, sendo a concursante máis votada das tres que estaban na mesma situación. Tamén pasa á final Julia, cun 37% dos votos, pero non Miki, que quedou fóra cun 20%.

Ademáis, a súa defensa do idioma dentro da academia non se reduce ás galas, xa que a pontesa está a compor unha canción en galego, cunha letra que fala da terra, da natureza, dos lumes, do despoboamento do rural, do chapapote… Todo parece indicar que ten un forte compromiso coas súas raíces.

O programa informou de que durante toda esta semana permanecerán as líneas abertas para votar á persoa gañadora do concurso. Co cal segue aberta a posibilidade de que a concursante galega acade o número un.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies