Xulio Ferreiro e Antón Gómez-Reino // Imaxe: http://mareatlantica.org

Os documentos aprobados pola Marea Atlántica establecen rendición de contas dos cargos electos

A Marea Atlántica aprobara en xaneiro, cun respaldo do 80% das 146 persoas que participaron na votación, os novos textos de Primarias, Código Ético, Forma de Goberno, Programa Participativo e Estrutura Interna con vistas ao horizonte 2019.  

Dos documentos aprobados, o relativo á Forma de Goberno clarifica o sistema para decidir posibles pactos de goberno despois das eleccións e establece a obriga de participar en “procesos de rendición de contas ante a cidadanía e ante a propia organización”, de xeito que “o grupo de goberno/institucional da Marea Atlántica responde, ademais diante de toda a cidadanía mediante as distintas ferramentas actuais e futuras que se conformen. No caso de ser grupo de goberno, responderá de xeito periódico e, como mínimo, trimestral,ente, da súa acción diante dos mecanismos de participación cidadá que se determinen”.

No Código Ético aprobado establecen que “os cargos públicos da Marea Atlántica comprométense a render contas periodicamente -de maneira presencial e virtual- e a considerar a vontade popular expresada nos espazos de participación democrática que poidan articularse no futuro, non só nos que existen na actualidade. Dita rendición de contas realizarase de xeito ordinario con carácter semestral e de forma extraordinaria cando esta veña motivada”.  

En Marea exhorta a Gómez-Reino a render contas

A vicevoceira de En Marea, Victoria Esteban, en rolda de prensa para presentar as datas das eleccións internas da formación rupturista, valorou positivamente que Gómez-Reino “recoñeza En Marea como espazo de participación e anime a toda a súa xente a participar activamente nos seus procesos, non so nas votacións”, polo que convidou ao secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de En Marea no Congreso a “recoñecer as teses aprobadas no último plenario, que pedían mellorar a coordinación entre a dirección do partido instrumental e o grupo na Cámara baixa”, lembrándolle que “o espazo para render contas sobre a actividade de En marea no Congreso é o plenario”, polo que agarda “a súa implicación nestes procesos”. 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies