Piden a equiparación no prezo do billete Avant Ourense-A Coruña a media distancia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla asegura, a través dun comunicado, que “Galicia adoece dunha cohesión social e territorial que deberan garantir os medios de transporte públicos, cohesión que se reduce cada vez máis xa que se prioriza a comunicación so entre grandes núcleos”.   

Aseguran dende a formación que “o servizo de transporte ferroviario coloca a Ourense nunha situación de discriminación con respecto a outras cidades, tanto na frecuencia como no custo”. A implantación do tren Avant substituíu ao modelo de Media Distancia, reducíndose a frecuencia de trens entre Ourense, Santiago e A Coruña, cun “baleiro en horario de mañá dende as 7:55 ate as 12:10h”. 

Segundo explica Eva Solla, “o problema é que xunto coa redución horaria aplicouse tamén no custe do billete o servizo de tren rápido, o que supón un prezo moito máis elevado que en traxectos similares tales como Compostela-A Coruña, que sendo o mesmo tren Avant, se aplica unha tarifa de Media Distancia”. 

A tamén deputada de En Marea lembra que “o PSOE, cando era oposición, tiña moi claras estas demandas, polo que esperamos que tamén agora insten ao Goberno de Pedro Sánchez a pular pola redución da tarifa no citado traxecto” e ve como unha necesidade “incrementar a frecuencia dos trens Ourense-Santiago en horario de mañá, para evitar a evidente situación de discriminación que estamos a vivir, solventando esta desigualdade”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies