Imaxe: Twitter Saínza Ruiz

Yolanda Díaz abandeira en precampaña o que non defendeu como deputada para Alcoa

A candidata de En Común-Podemos por Pontevedra abandeira a defensa das industrias electrointensivas despois de votar no Congreso a favor de recortarlles 120 millóns.

O pasado domingo, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Ledicia Piñeiro, candidatos de En Común-Podemos mantiñan unha xuntanza con traballadores de Alcoa, Isowat, Ferroatlantica e Poligal na que defendían que “a industria galega é solvente, ten futuro e temos que defendela”. Trala xuntanza, nun acto no Palexco, na Coruña, Yolanda Díaz aseguraba “imos gobernar para ser capaces de cambiar a vida da xente: reformando as políticas fiscais, recuperando os cartos da banca e recuperando as eléctricas”.

Fai uns días, como parte das alegacións que En Común-Podemos presentaba ao Estatuto do Consumidor Electrointensivo, Yolanda Díaz reclamaba que se reducira o prezo da enerxía como solución para o futuro de Alcoa, “tanto para as grandes consumidoras como para o servizo doméstico”, criticando ao PSOE por gobernar “da man das grandes eléctricas”.

Estas declaracións contrastan coa posición de voto no debate dos Orzamentos Xerais do Estado onde, votaron a favor duns orzamentos que recortaban case 120 millóns en compensación de custes da industria electrointensiva, o que suporía, de chegar a aprobarse, mandar ao paro a 700 traballadores de Alcoa.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies