https://www.cig.gal/

O SERGAS négase a negociar co Comité de Folga dos PAC

O SERGAS non negociará co Comité de Folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC).

O pasado venres, 5 de abril, o Comité de Folga dos PAC tiña unha xuntanza coa Consellería. Nela se lles comunicou que o SERGAS non considera ao Comité de Folga dos PAC como un interlocutor válido. Dende a Consellería tampouco admitiron que presentaran a contraproposta formulada polos traballadores.

A única opción por parte do SERGAS para fechar o conflito é que se ratifique o borrador presentado pola administración na derradeira mesa sectorial, rexeitada polos traballadores tras someterse a unha consulta.  

Dende o Comité de Folga ven inadmisible “que se ningunee a representantes lexítimos dos traballadores, amparados pola lei de folga”, e afirman non estar conformes con que o único lugar de negociación sexa a mesa sectorial, pois “a maioría das cuestións teñen que ver con aspectos de incumprimento do Pacto do 2008 e non existe impedimento legal para debatelas no contexto dunha negociación co Comité de Folga, inda que algúns acordos teñan que ser ratificados posteriormente na mesa sectorial”.  

Dende o Comité de Folga critican “a falta de respecto cara aos traballadores” e a “falta de interese na negociación e na resolución do conflito”, polo que instan á Consellería a que “reconsidere a súa postura, estude a proposta dos traballadores e emprace de novo ao Comité de Folga para restablecer as conversas coa finalidade de chegar pronto a un acordo”.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies