Nova xornada da liga de Fútbol Gaélico

Nova xornada da liga de Fútbol Gaélico en Ourense.

Nova fin de semana de gaélico no sintético da Universidade, a terceira consecutiva. Desta volta a quenda sería soamente para as rapazas, pois a equipa masculina de Irmandinhos non se presentou ó encontro que tería lugar o domingo.
Na xornada do sábado a equipa feminina xogou un partido vital para poder loitar pola cuarta posición, pois as visitantes chegaban dende A Estrada coa intención de levarse os dous puntos, no que a priori semellaba un partido moi igualado.
O partido comezou coas estradenses dominando, con acerto a paos nos primeiros minutos, mais co paso do tempo a equipa do Auriense foi asentando as bases do que sería un partido con amplo dominio local, tendo como punto destacable a férrea defensa, ante a que pouco puideron facer as visitantes.
A grande vantaxe adquirida polas locais mantívose até a segunda metade, onde as estradenses puideron reducir lixeiramente a vantaxe, froito do cansazo da equipa, pois acudiron á cita sen trocos. O resultado final foi de 3-15 (24) para Auriense e 1-11 (14) para as Irmandinhas.
A vindeira semana visitarán Gondomar, no que será a derradeira xornada de liga para a equipa feminina coa intención de rubricar o bó xogo amosado desta volta.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies