O MEL e a SGHN denuncian na Comisión Europea a contaminación de COREN na Limia

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denuncian na Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea, da man de Lídia Senra, a contaminación de COREN na Limia.

Representantes de ambos colectivos reúnense na xornada de hoxe en Bruxelas, co Xefe da Unidade para o Uso e Xestión da terra e con persoal experto na xestión de nitratos da Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea nunha xuntanza facilitada pola eurodeputada galega Lídia Senra que ten por obxectivo trasladar en detalle a denuncia da vulneración de distintas directivas europeas na Limia por mor dos residuos producidos polas macrogranxas industriais.    

Durante a súa estancia en Bruxelas, tamén manterán unha xuntanza con integrantes da Comisión de Peticións, pois ambas organizacións procederon ao rexistro o mércores pasado da denuncia na Comisión, solicitando “analizar a vulneración de directivas europeas, abrindo unha investigación e contactando coas autoridades competentes no Estado e a nivel galego, para que se paralice na comarca da Limia a instalación de novas granxas e sexan ordenadas as xa existentes para adoptar unha xestión ambientalmente sostible dos residuos agrogandeiros xerados que cumpra co dereito da UE”.  

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies