A dirección de En Marea informa da transparencia da formación en canto ás doazóns dos deputados

A nova aparecida no Faro de Vigo na que se aseguraba que En Marea ocultaba qué deputados incumpren a obriga de doar parte do seu soldo á organización, recibiu resposta por parte da dirección da formación rupturista.

Na información publicada aseguraban que “En Marea incumpre a súa norma sobre as doazóns de soldo que deben realizar os seus catorce deputados independentemente de que militen noutro partido do mesmo espazo rupturista, ocultando as aportacións de quen as realizan e a identidade de quen obvia o compromiso recollido na carta financeira do partido instrumental aprobada en xullo do pasado ano”.

Este incumprimento xa fora admitido en marzo do pasado ano, cando tres deputados de En Marea por Podemos (Carmen Santos, Juan Merlo e Magdalena Barahona) recoñeceran que non entregaban parte do seu soldo a En Marea, senón que se rexían polo sistema de doazóns de Podemos, constatando que Podemos aspira a recoñecerse como organización dentro de En marea, considerando fallida a fórmula do partido instrumental de adscrición individual. 

Pola súa banda, o secretario xeral do Podemos, Antón Gómez-Reino, defendeu aos seus compañeiros de filas e destacou que “entregan parte do seu salario a cuestións fundamentais como proxectos sociais”.

Comunicado da dirección de En Marea:

A través dunha nota de prensa, dende a organización rupturista aseguran verse na obriga de facer certas aclaracións respecto do incumprimento da obriga de transparencia e da carta financeira por parte dos membros do Grupo no Parlamento Galego, destacando en primeiro lugar que “as `persoas que integran o grupo parlamentar teñen un tope de ingresos netos que non poden superar, unha vez deducidas todas as partidas de gastos de actividade parlamentar, fixado en 3.000 euros”. Dende a organización aseguran que isto “estase cumprindo ao pe da letra da carta finaceira”.

Sobre o salario das deputadas, fan constar que “teñen a obriga de ceder parte  dos seus emolumentos, estando estipulado que como mínimo o 50% debe ser a EM e o restante a asociacións sen ánimo de lucro, tipo ONG, ou aos seus partidos de orixe, a pesares de seren todas deputadas de EM”.

Por último, informan que, neste ano 2018, quen ten cumprido coas obrigas a respecto de EM (que é o que dende a coordinadora poden saber) son os deputados Luís Villares, Pancho Casal, Davide Rodríguez, Antón Sánchez, Manolo Lago e as deputada Paula Vázquez Verao e Flora Miranda.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies