https://www.ence.es/es/

Ence sen madeira pola folga dos transportistas

Mentres os transportistas afirman que o 90% secundaron a folga, a empresa asegurou que o traballo se desenvolveu “cunha absoluta normalidade” en Navia e Pontevedra

A Unión Independiente de Transportistas Autónomos (UITA) cifrou nun 90% o seguemento da folga do transporte de madeira a Ence. Segundo o sindicato, “dende as 00:00 horas do 24 de decembro, 56 camións dos aproximadamente 500 que cada día descargan madeira nas fábricas da papeleira en Pontevedra e Navia mantiveron a súa actividade”.

Mentres a empresa réstalle importancia á folga, os transportistas aseguran que “nin sequera cun abastecemento do 20% podería manter a súa actividade produtiva”.  

O paro indefinido continuará, segundo a UITA, mentres Ence non asuma as reivindicacións dos transportistas no tocante a unha maior seguridade.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies